jueves, 26 de diciembre de 2013

“TROFEO CIDADE DE FERROL”trofeo Nadal.


II TROFEO DE TIRO CON ARCO ADAPTADO “TROFEO CIDADE DE FERROL”trofeo Nadal.

Este sábado tera lugar a celebración do II trofeo de tiro con arco adaptado de Ferrol.

Este evento organizado polo club ADM Ferrol e o club Arco Ferrol, terá lugar o sábado de 11 a 13h. no polideportivo da casa do deporte en Caranza.

Contara coa participación de 10 arqueiros, os que acabaron en novembro un curso intensivo de tiro con arco 

O monitor do curso foi o Presidente de Arco Ferrol, Sr. Manuel Campoy, con titulación nacional e contou cun axudante de luxo, “Willy” , o noso representante nas Paralimpiadas de Londres. Tamén colaboraron varios socios do Arco Ferrol en tarefas de apoio.

Este sábado decidirase quenes do curso ocuparan as primeiras plazas no trofeo, pero o importante e que disfrutaron dunha nova disciplina, e alguns continúen nela e teñamos en Ferrol mais arqueiros.

Dende o club ADM Ferrol agradecemos a colaboración do Patronato de deportes de Ferrol, do club Arco Ferrol, e da ASCM para poder levar a cabo este curso de nova creación en Ferrol.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog