miércoles, 20 de noviembre de 2013

A ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL DE MINUSVALIDOS "ASCM" PARTICIPA NA XORNADA SOBRE O IMPACTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NAS MULLERES CON DISCAPACIDADE ORGANIZADA POLA CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE NARÓN

A Ascm colabora coa Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, quen organiza unha “Xornada sobre o impacto da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade” durante os días 19 e 20 de novembro (de 16:00 a 20:00 horas) na planta baixa da Biblioteca Municipal do Alto.
Esta xornada está dirixida a mulleres con diversidade funcional, e forma parte do II Plan de Igualdade do Concello de Narón en ten como obxectivo reforzar as actuacións dirixidas a mulleres pertencentes a colectivos en situación de especial vulnerabilidade, atendendo á súa diversidade. Tamén se pretende fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais dende o punto de vista da igualdade. Outros obxectivos son identificar actuacións de violencia de xénero, sensibilizar sobre a necesidade de denunciar calquera tipo de violencia, e divulgar e achegar os dispositivos e centros contra a violencia de xénero.

O programa da “Xornada sobre o impacto da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade” é o seguinte:

1.- A violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións.

*Definición.
*Características.
*Tipos de violencia (nomeadamente malos tratos físicos e psíquicos,
violencia sexual, acoso sexual)
*Normativa en materia de violencia de xénero.

2.- A discapacidade en Galicia dende a perspectiva de xénero.

*Estatísticas.
*Emprego e formación.
*Saúde e benestar.
*Lecer e participación.

3.- O impacto da violencia de xénero sobre as mulleres con discapacidade

*Especiais características da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade.
*Presentación da información recollida no Informe sobre Xénero e Discapacidade da Xunta de Galicia 2012 ao respecto e informes de carácter local.

4.- Mesa redonda con representantes das asociacións contactadas, na que cada representante contará a experiencia en materia de igualdade e violencia de xénero na súa entidade, con debate posterior. Entidades participantes:

-Vida activa.
-Teima.
-Cogami.
-Aspanemi.
-Chamorro.
-Aspanaes.
-Afaes.
-Asociación de Minusválidos de Narón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog