martes, 2 de julio de 2013

A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” CONVOCA A “VIII EDICIÓN PREMIO CARRO DE PRATA”

NOTA DE PRENSA: ASCM  26 de Xuño de 2013


A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” CONVOCA A
“VIII EDICIÓN PREMIO CARRO DE PRATA”

A Asociación Sociocultural de Minusválidos abre o prazo para presentación de candidaturas dende o xoves 27 de xuño ata o luns 2 de setembro do presente ano.


O premio “Carro de Prata”, cunha periodicidade bienal, foi instaurado pola ASCM no ano 1997 co obxectivo de recoñecer e galardoar públicamente, dun xeito honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polo seu traballo e solidariedade que redundara en beneficio do colectivo de persoas con discapacidade da nosa bisbarra ou que destacaran pola súa labor de apoio á integración social, cultural ou laboral deste colectivo.

Aquelas persoas ou organismos que consideren que unha determinada entidade ou persoa física é merecedora deste premio por co­ñecer a súa destacada tarefa, poderán efectuar a súa proposta aportando a información que acredite os méritos para optar ao premio.

Para presentar ditas candidaturas, poderán dirixirse a calquera dos nosos locais, sitos en:
Ø  Rúa Fernando VI, Blq 2, baixos 18-19. 15403 FERROL. Tf.- 981351430
Ø  Estrada de Castela 256, baixo. 15570 NARÓN. Tf.- 981385366

Unha vez rematado o prazo de admisión de propostas, o xurado disporá dun mes hábil para deliberar. Rematado este prazo convo­caranse os selecionados para a entrega do pre­mio ao gañador, que terá efecto e darase a coñe­cer mediante un acto público

Máis información:
ASCM Ferrol: Tf.- 981351430
ASCM Narón: Tf.- 981385366


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog