martes, 4 de mayo de 2010

Unha muller con discapacidade elexida mediadora das persoas con diversidade funcional de Ferrol


As persoas con diversidade funcional xa poden facer as súas queixas o valedor das persoas con diversidade funcional para presentarlas aos poderes públicos


No día de onte as entidades de persoas con diversidade con sede social no Concello de Ferrol e os grupos políticos con representación municipal elexiron como valedora das persoas con discapacidade a Lucía Pérez Pereira, nunha votación moi reñida entre o outro candidato finalista Angel Ruiz de Velásco; ambos candidados son persoas con discapacidade, física e sensorial respectivamente, socios da Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM”, non sendo este o único dato no que coinciden, pois ambos tamén son Graduados Sociais, (Diplomados en Relacións Laborais).

Nos próximos dous anos Lucía Pérez terá entre as súas funcións as seguintes:

• Promover os dereitos das persoas con diversidade funcional do Concello de Ferrol.
• Informar ao Concello sobre a realidade, situación e necesidades das persoas con diversidade funcional.
• Formular suxestións, propostas ou recomendacións sobre as cuestións e materias de todo tipo que afecten aos dereitos deste colectivo.
• Informar de cantas deficiencias ou irregularidades detecte e que afecten aos dereitos do colectivo proponiendo as medidas que poidan solucionar ditas deficiencias ou irregularidades.
• Colaborar nas actuacións de difusión e divulgación dos dereitos e necesidades das persoas con diversidade funcional procurando a igualdade real e efectiva.
• Realizar unha memoria anual sobre as actuacións realizadas e as necesidades detectadas en colaboración coas entidades, asociacións e persoal técnico da concellería de Benestar Social.
• Acudir con voz pero sen voto a reunións de Comisións Informativas, Pleno do Concello e aquelas outras que traten asuntos relacionados co seu cometido.

Para máis información chamar ó 981351430 ou 981385366

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog