jueves, 25 de febrero de 2010

Disconformidade co peche da canle de televisión Canal 29

Dende a Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol e Narón, queremos mostrar a nosa profunda pena e disconformidade co peche da canle de televisión Canal 29. É verdadeiramente doloroso, ver como pechan as portas dun medio de comunicación que foi sempre megáfono dos problemas, necesidades, demandas e conquistas da nosa Asociación, e sabemos que é xusto, nestes dificiles momentos, mostrar o noso máis incondicional apoio a quen fixo no seu día durante tantos anos e dun xeito totalemnte desinteresado, que a nosa causa, fora tamén a súa.

Dóenos tamén ver pechar as portas do maior e máis incondicional seguidor de tódolos deportistas; alá onde vai o noso equipo de baloncesto, de boccia, ou de calquera outra modalidade, sempre había unha cámara de Canal 29 dando boa conta dos éxitos dos nosos equipos. Botarémola de menos a partir de agora.

Queremos mostrar o noso máis cálido recoñecemento e agradecemento á familia de Canal 29, con Alfonso López á súa cabeza, e confiamos en que atoparán no seu camiño tódolos éxitos dos que son merecedores.

Sen máis unha aperta.

Fdo.Angel Gárate Roca
Presidente de la Asocación Sociocultural de Minusválidos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog