viernes, 5 de febrero de 2010

A ASCM estrea comparsa "Os Colludos" no entroido 2010

A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS VEN DE ORGANIZAR, A TRAVÉS DO SEU EQUIPO DE VOLUNTARIADO, UNHA COMPARSA FORMADA POR PERSOAS DISCAPACITADAS SOCIAS DA ENTIDADE, QUE, CO NOME DE “OS COLLUDOS”, PARTICIPARÁ ACTIVAMENTE NO ENTROIDO 2010 NAS DISTINTAS ACTIVIDADES QUE TERÁN LUGAR NALGÚNS CONCELLOS DA COMARCA.

Dentro do seu programa cultural e de ocio, a ASCM organizou unha comparsa formada por persoas discapacitadas, socias da entidade, que, xunto con persoal voluntario da Asociación, participarán nos actos festivos do entroido que organizan os concellos de Narón, Ferrol, e Fene.

A comparsa “Os Colludos” está composta por un total de 40 persoas, das que 21 pertencen a Narón, 12 a Ferrol, 4 a Ares e 3 a Fene, e cabe destacar neste grupo a implicación, o esforzo e a ilusión cos que están a traballar na preparación e ensaios desta actividade, tendo en conta ademáis o seu especial mérito polas características propias de pertencer ao colectivo con discapacidade. A problemática específica con que se atopan a cotío as persoas con discapacidade, e a solidariedade, conforman algúnhas das letras que se elaboraron para a comparsa.

ACTUACIÓNS DA COMPARSA DE ASCM “OS COLLUDOS”:

Xoves, 11 de febreiro: ás 18:00 h. no Centro Xerontolóxico “EUXA” – Narón
Sábado, 13 de febreiro: ás 17:00 h. participación nos actos do Entroido do Concello de Narón (saída dende a Praza da Constitución en Sta. Icia ata a Praza de Galicia e participación no festival de comparsas do Concello)
Luns, 15 de febreiro: ás 18:00 h. no Centro de Maiores da Fundación Terra de Trasancos do Val – Narón
Martes, 16 de febreiro: ás 19:30 h. saída de Praza de Amboage ata a Praza de Armas, participando no festival de comparsas do Concello de Ferrol
Mércores, 17 de febreiro: ás 18:00 h. saída da Rúa Cadavo ata a Praza do Concello de Fene
Venres, 19 de febreiro: ás 20:00 h. na Praza de Ultramar en Ferrol

Asimesmo, dúas persoas pertencentes á Comparsa “Os Colludos”, formarán parte do xurado que decidirá o estabrecemento gañador do “II Concurso de Tapas” do Entroido de Ferrol, que terá lugar os días 15 e 16 de febreiro en horario de 11:00 a 15:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog