jueves, 17 de diciembre de 2009

O alcalde reclamará á Xunta que manteña o servizo de transporte adaptado na zona


O alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e membros do municipal reuníronse onte no consistorio cunha delegación da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), encabezada polo seu presidente, Ángel Gárate. Na xuntanza falouse do mantemento do servizo de transporte adaptado (denominado ANTA), que está en perigo de desaparecer, segundo a información que manexa o Concello. Este servizo é xestionado en Narón pola citada entidade, mentres que a Xunta e o Concello -que colabora con 80.000 euros anuais, ademáis de financiar a compra de vehículos- encárganse da súa financiación. Segundo explicou onte Blanco, o ANTA atende a unha media de 46 usuarios en Narón, que se desprazan nas furgonetas adaptadas. Por este motivo o rexedor expresou a súa preocupación pola intención da Xunta de suprimir o servizo, sinalando que “resulta imprescindible e necesario para moitas persoas de Narón con problemas de movilidade”. Así, o rexedor remitirá un escrito á administración autonómica para que non suprima as axudas.

DiariodeFerrol, 17-12-2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog