martes, 17 de noviembre de 2009

As xornadas sobre accesibilidade da ASCM analizan os problemas para moverse nas cidades


A Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) organiza este venres unha xornadas sobre accesibilidade universal na que participarán diversos expertos. Serán no salón de actos do edificio administrativo da Xunta (na praza de España), en horario de mañá e tarde. As conferencias comezarán ás 9.30 horas e, despois dunha pausa ás 13.00 horas, reanudaranse a partir das 16.00. Na inauguración participará o alcalde da cidade, o socialista Vicente Irisarri.

As xornadas sobre accesibilidade pretenden facer reflexionar sobre as dificultades que atopa un minusválido para o seu desprazamento. A eliminación das barreiras arquitectónicas en beirarrúas ou no acceso a edificios segue a ser unha reivindicación do colectivo, que atopa diarimente múltiples dificultades para moverse con normalidade. Ademais, tamén falarán sobre a aplicación da lei que obriga a cumprir certos obxectivos relacionados con este problema.

Así, na xornada poderase coñecer a experiencia de Ávila. A súa concelleira de accesibilidade, Noelia Cuenca Galán, e a de Benestar Social, Montaña Domínguez García, explicarán a experiencia de facer accesible unha cidade declarada Patrimonio da Humanidade.

Sobre a lei de accesibilidade e a súa aplicación falará Olga Fra Gálvez, representante do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na delegación ferrolá.

Jesús Hernández Galán, director de accesibilidade universal da Fundación ONCE exporá o que sucede no caso dos edificios públicos.

As limitacións ás horas de viaxar serán o tema da ponencia de Yolanda Segovia Segovia, vicepresidenta da Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos.

DiariodeFerrol, 17-11-09

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog