jueves, 20 de noviembre de 2008

DENUNCIA A PASIVIDADE DO PERSOAL DA ARIA DE URBANISMO DO CONCELLO DE FERROL

A Asociación Socio-cultural de Minusválidos denuncia a pasividade do persoal da area de Urbanismo do concello de Ferrol fronte o reiterativo incumprimento da normativa de accesibilidade nos establecementos de uso público.

Tras coñecer que son os propios técnicos de urbanismo os que indican que a normativa de accesibilidade non será esixible dende o Concello ós establecementos de nova creación para outorgar a licencia de apertura, non informando ademais ás persoas que desexan asesorarse sobre o cumprimento da normativa en materia de accesibilidade e os preceptos legais existentes, dende a ASCM reclamamos a necesidade urxente da aplicación do decreto 35/2000 do 28 de xaneiro polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento de execución da Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dita lei recoñece que “os Concellos e a Administración autonómica desenvolverán as actividades de control previstas en dita lei facendo cumpri-la normativa de accesibilidade e supresión de barreiras, establecendo os mecanismos de control e seguimento para a súa execución no ámbito que ten atribuído, e promovendo e facilitando a participación das organizacións e asociacións representativas dos colectivos de afectados na adopción de medidas de control da accesibilidade.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog