lunes, 29 de septiembre de 2008

RALLYE SOCIAL 2008

Un ano máis, e tras o éxito de anteriores edicións, a ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS (ASCM) e a Escuadra Automobilística MICOTEAM, organizan conxuntamente o RALLYE SOCIAL 2008, que terá lugar o sábado 8 e o domingo 9 de Novembro.

Un RALLYE SOCIAL consiste en realizar un percorrido, seguindo un rutómetro, por estradas comarcais e provinciais a unha velocidade media de sesenta km/h., pode participar calquera persoa, sexa ou non socio/a , teña ou non discapacidade.
O único requisito para o piloto é posuír o carné de conducir.

Este ano a competición consta de tres tramos cronometrados partindo o sábado 8 ás 16:00 horas desde o local da ASCM de Ferrol (Esteiro), dirección Viveiro (Lugo).

A cota de inscrición inclúe aloxamento, cea do sábado, o almorzo e a comida do domingo no Hotel Val do Naseiro (3*), onde finalizará coa entrega de trofeos.

A data límite de inscrición é o 3 de Novembro:
- Se se realiza entre o 29 de Setembro e o 3 de Outubro, o custo é de 45 € por persoa.
-A partir do 3 de Outubro até o 3 de Novembro, será de 50 € por persoa.
O pago realizarase no momento da inscrición.

Para máis información e inscricións, diríxanse a:
Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) en:

• Sede da ASCM en Ferrol: C/ Fernando VIN, bl 2, baixos 18-19.
Tf.- 981 35 14 30
• Delegación da ASCM en Narón: Estrada de Castela nº 256, baixo
Tf.- 981 38 53 66

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog