- O prazo de admisión de propostas farase público aos medios de comunicación comarcais e rematará o 1 de novembro de 2019.
O premio Carro de Prata foi instaurado con carácter honorífico pola Asociación Sociocultural ASCM no ano 1997. Cunha periodicidade bienal, ten como finalidade recoñecer e galardoar a aquelas entidades ou persoas que se distinguiron polas suas accións a prol do colectivo de persoas con discapacidade dentro da comarca de Ferrolterra en diversos eidos: no campo da accesibilidade,
ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral, investigación, etc.
A Asociación Sociocultural ASCM quere premiar, con carácter exclusivamente honorífico, a entidades de carácter tanto público coma privado (asociacións/organismos ou persoas físicas) que se distinguiran polas súas accións a prol das persoas con discapacidade, ou ben que destacaran polo seu labor de apoio na integración social, cultural ou laboral deste colectivo.
O Premio Honorífico concédese á proposta de calquera persoa física ou organismo. Aqueles que consideren que unha determinada entidade ou persoa é merecedora deste premio pola súa destacada tarefa, poderán enviar a candidatura por email na dirección: comunicacionascm@gmail.com e efectuar a proposta correspondente, aportando a información que acredite os méritos para optar á concesión de dito premio. Adxuntamos modelo de formulario para o envío das candidaturas.
A "ASCM" poderá, así mesmo, presentar as candidaturas que estime oportunas ao xurado para o seu estudio e consideración.
Os candidatos ó premio terán que ter desenvolvido o seu labor dentro do marco xeográfico da comarca de Ferrolterra.
O xurado, aínda por confirmar, estará composto por personalidades relevantes do sector, representantes dos medios de comunicación, un máximo de dous integrantes da ASCM e representantes da Administración Pública.
O xurado do premio analizará e valorará as actividades e logros acadados. No exercicio da súa función o xurado poderá pedir asesoramento e recadar a información complementaria que estime procedente. A actividade do xurado non será retribuída. En caso de empate, será a presidenta da ASCM quen determine que candidatura obterá o galardón.
O prazo de admisión de propostas farase público aos medios de comunicación comarcais e rematará o 1 de novembro de 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario