jueves, 28 de febrero de 2019

A comparsa inclusiva “OS COLLUDOS” inicia as súas actuacións de entroido

  • O roteiro de actuacións comeza o venres en Neda coa Educación coma temática elixida.



Neda, Narón, Ferrol, Pontedeume, Fene e Valdoviño serán as localidades onde a comparsa da Asociación Sociocultural ASCM, os “Colludos” subirá ó escenario cos seus integrantes disfrazados de graduados, para facer escoitar as súas reivindicacións a través das súas cancións. Será un intenso programa que se extenderá dende o vindeiro venres, día 1, ata o venres, 15 de marzo. Ademais, como comparsa nativa de Narón, intensificará especialmente a súa presenza neste concello, actuando non somentes no pasarúas e festival de comparsas do día grande, senón que tamén animará as rúas e barrios de dentro e fóra da súa parroquia. 


Baixo o lema, “Graduados: Educación inclusiva?”, lembrarán, cun repertorio musical adaptado a cada localidade na que actúan, a importancia dunha sociedade inclusiva; facendo fincapé en todo o que queda por facer en materia de accesibilidade, entre outras cuestións. Asimesmo, como ven sendo xa tradición, a Comparsa “Os Colludos”, fará da súa presenza bandeira da igualdade a través das súas letras, participación nos pasarúas e acceso aos escearios; amosando a necesidade dunha planificación e un xeito de facer cidade de carácter transversal e inclusivo. 


Ás actuacións nos festivais e pasarúas organizados polos concellos, a nosa comparsa sumará as actuacións nos centros de, DomusVi Narón e Ferrol, Centro de Día de Caranza, Residencia de Maiores de Caranza e o CAMF. Adxuntamos, a continuación, unha táboa detallada das actuacións do colectivo:




Repercusión en medios:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog