A tenente de Alcalde, Beatriz Sestayo, asinou o acordo coa Asociación Socio Cultural de Minusválidos polo que o Concello contribúe á súa labor de integración con ata 15.000 euros, dando resposta á prioridade de lograr a igualdade de oportunidades e de integración social e laboral Beatriz Sestayo convidou á entidade a participar na COMISIÓN DE ACCESIBILIDADE que se porá en marcha este ano para afondar no traballo que se está a realizar en Ferrol para a eliminación de barreiras físicas, sociais e laboráis.
A tenente de Alcalde e concelleira de Benestar Social, Muller e Promoción Económica, Beatriz Sestayo, asinou publicamente esta mañá o acordo polo que o Concello colabora coa Asociación Socio Cultural de Minusválidos (ASCM) con ata 15.000 euros, para garantir o mantemento das súas actividades de inclusión e integración social e laboral.
Beatriz Sestayo puxo en valor a importante aposta que se está a facer dende a súa Concellería para promover a inclusión en todos os eidos, traballando fondamente en Ferrol para a erradicación dos estereotipos e na integración das persoas con discapacidade en todos os eidos, dende o laboral ata o deportivo.
Para este fin, lembrou, porase en marcha a partir de setembro a Comisión de Accesibilidade, á que convidou a participar aos integrantes da ASCM, buscando un traballo consensuado e participativo que supoña un antes e un despois na eliminación de barreiras físicas e sociais en torno á discapacidade e á diversidade funcional.
En representación da ASCM, o seu presidente Ángel Gárate, agradeceu o traballo e colaboración da Concellería que dirixe Beatriz Sestayo, tanto na eliminación de barreiras como na loita pola inclusión laboral.
Ferrol 360, 5 de julio 2016
Televisión Ferrol, 5 de julio 2016 (min 13' 40'')
Diario de Ferrol, 6 julio 2016 (edición impresa):
No hay comentarios:
Publicar un comentario