viernes, 20 de marzo de 2009

Caja Madrid financiou integramente a furgoneta adaptada da ASCM


A Asociación Sociocultural de Minusválidos recibiu o pasado luns unha furgoneta adaptada que financiou na súa totalidade a Fundación Caja Madrid, sen existir colaboración algunha na compra do vehículo da Fundación Vodafone, tal e como se indicou por un erro dende o Concello de Narón.

Os representantes da ASCM fixeron público un comunicado no que lembran que a Fundación Vodafone colaborou coa Asociación Sociocultural de Minusválidos noutras ocasións, pero inciden en que non tivo nada que ver na compra da nova furgoneta adaptada. O colectivo puntualizou que foi Caja Madrid quen aportou unha axuda de 41.000 euros. O vehículo, con capacidade para seis cadeiras de rodas ou nove prazas, permitirá á ASCM manter o servizo de transporte adaptado (ANTA), para persoas con problemas de movilidade. O Concello de Narón subvenciona con 15.000 euros anuais o programa.

DiariodeFerrol, 20-3-2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog