domingo, 29 de julio de 2007

A Asociación Socio Cultural de Minusválidos forma ós seus voluntarios en materia de blogs



O vindeiro luns 30 de xullo, a Asociación Socio Cultural de Minusválidos (ASCM) vai organizar unha xornada formativa sobre blogs e grupos de correo para dar a coñecer entre os seus voluntarios a aplicación destas novas ferramentas e o emprego das mesmas na Rede 2.0. O principal obxectivo desta actividade é axilizar o traballo que realizan decote os voluntarios do colectivo, así como permitirlles informar do que van facendo para cumprir os obxectivos estratéxicos sobre visibilidade social, transparencia e comunicación marcados no Plan Estratéxico da ASCM e aprobado na pasada asemblea xeral.
Outro dos obxectivos que a ASCM para a posta en marcha desta iniciativa consiste en situar á súa web como referente institucional e acadar que se complemente con ligazóns ós blogs daqueles voluntarios que o desexen, para facer do sitio “unha ferramenta máis dinámica e que fomente a participación de tódolos asistentes” (expertos ou non en informática).
A formación levarase a cabo do seguinte xeito:
Aula de Informática de Narón (Estrada Castela, 256 Baixo), de 10.00 a 14.00 horas.
Aula de Informática de Ferrol (R/Fernando VI, Baixos 18 e 19, Bloque 2), de 16.00 a 20.00 horas.
Os teléfonos de contacto son: 981 385 366 e 981 351 430.
Viérnes 27 de Julio de 2007 CÓDIGO CERO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog