viernes, 7 de febrero de 2020

ASCM oferta un obradoiro de coiro impartido por "Mi recuncho del repujado"


  • "Mi recuncho del repujado" oferta a posibilidade de formar grupo desde 15 euros ao mes.
Cartel do obradoiro de coiro que imparte ASCM.

A ASCM abre prazo de inscrición a un obradoiro de coiro, impartido por "Mi recuncho del repujado". O taller tería lugar nas instalacións da entidade e, desde a organización, ofrecen dúas modalidades para o desenvolvemento do taller: dúas sesións ao mes (15 euros) ou catro sesións ao mes (30 euros). A duración das clases será de 3 horas e os encontros terán lugar unha vez por semana. O número de alumnos, por quenda, non poderá exceder as 10 prazas.

Desde ASCM consideramos fundamental fomentar este tipo de accións formativas que posibiliten a autorealización das persoas participantes e que sirvan, asimesmo, coma punto de encontro para favorecer un ambiente inclusivo e interxeneracional. Este obradoiro permitirá ás persoas asistentes realizar pezas de artesanía en coiro para o seu uso persoal. Será necesario que o alumnado aporte o material indicado polos docentes do obradoiro. "Mi recuncho del repujado" aportará, pola súa banda, as ferramentas e material técnico necesario para o desenvolvemento do obradoiro.

A Asociación Sociocultural ASCM posibilita aos participantes do taller o desenvolvemento e aprendizaxe dun consumo sostible e responsable con materiais naturais e elaborado, con mimo, polas propias persoas usuarias. Unha aposta clara, da entidade, por sumar á súa carteira de actividades un obradoiro que potencie o movemento DIY (Fágao vostede mesmo). As persoas interesadas en inscribirse á actividade, deberán facelo antes do 24 de febrero para poder concretar modalidade, horarios, datas, etc.

O curso é de carácter aberto para toda a cidadanía. Para máis información e para realizar as inscricións, poderán comunicarse, coa entidade, a través do teléfono: 981 35 14 30 ou o mail info@ascmgalicia.org. As dúbidas e consultas serán atendidas, tamén, a través do whatsapp da entidade: 604 05 57 03.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog