miércoles, 11 de diciembre de 2019

Os alumnado da UDC clausurou o obradoiro de Informática Básica cós usuarios da ASCM

  • Hoxe tivo lugar a derradeira sesión de informática básica, impartida polo alumnado de Relacións Laborais a usuarios de ASCM, dentro do marco do programa de Aprendizaxe e Servizo.
    Alumna explicando mecanografía a unha usuaria de ASCM.
As alumnas e alumnos da UDC impartiron, esta mañá, a derradeira sesión dos obradoiros de informática básica con persoas da Asociación Sociocultural ASCM. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa de colaboración de Aprendizaxe e Servizo da universidade, que permite fomentar sinerxias e colaboracións entre ambos organismos. A programación, que constou dun total de dúas sesións, estivo centrada, fundamentalmente, en nocións de manexo do rato, mecanografía, etc.

                                             Sesión de APS na ASCM.


Nesta  sesión entre usuarios da asociación e alumnos, os máis novos asumiron, novamente, o rol de docentes; asesorando e asistindo ás persoas participantes nas súas dúbidas e inquedanzas e aplicando os coñecementos derivados da súa experiencia no anterior obradoiro. Esta iniciativa permite fomentar as actividades de carácter interxeneracional e adquirir aos estudantes competencias transversais, fundamentais para o seu futuro profesional. Ademais, o eido da informática é un dos máis demandados, entre o colectivo, pola fenda dixital existente e as posibilidades que ofrecen as ferramentas web no desenvolvemento da vida diaria: cita online no médico, banca electrónica, redes sociais, etc.

        Explicación impartida por unha das alumnas da UDC.

Esta é unha das actividades que a ASCM realiza no eido da mocidade para concienciar aos máis novos da necesidade de pensar en chave de accesibilidade universal. Ademais, a ASCM e a UDC teñen asinado un convenio de colaboarción, a través do cal levan desenvolvidas numerosas actividades ao longo deste 2019.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog