miércoles, 4 de diciembre de 2019

Informática Inclusiva da man do alumnado da UDC


  • Hoxe tivo lugar a primeira das sesións de informática básica, impartida polo alumnado da UDC ás persoas usuarias da ASCM.
             Usuaria da ASCM durante a sesión de informática.


As alumnas e alumnos da UDC realizaron, esta mañá, a primeira sesión dos obradoiros de informática básica con persoas da Asociación Sociocultural ASCM. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa  de colaboración de Aprendizaxe e Servizo da universidade, que permite fomentar sinerxias e colaboracións entre ambos organismos. A próxima sesión está prevista para o vindeiro 11 de decembro.





Nesta  primeira  sesión entre usuarios da asociación e alumnos, os máis novos asumiron o rol de docentes; asesorando e asistindo ás persoas participantes nas súas dúbidas e inquedanzas. Esta iniciativa permite fomentar as actividades de carácter interxeneracional e adquirir aos estudantes competencias transversais, fundamentais para o seu futuro profesional. Ademais, o eido da informática é un dos máis demandados, entre o colectivo, pola fenda dixital existente e as posibilidades que ofrecen as ferramentas web no desenvolvemento da vida diaria: cita online no médico, banca electrónica, redes sociais, etc.


          Estudante a usuarios durante a sesión de informática.


Esta é unha das actividades que a ASCM realiza no eido da mocidade para concienciar aos máis novos da necesidade de pensar en chave de accesibilidade universal. Ademais, a ASCM e a UDC teñen asinado un convenio de colaboarción, a través do cal levan desenvolvidas numerosas actividades ao longo deste 2019.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog