viernes, 13 de diciembre de 2019

ASCM inicia o ano apostando polas novas teconoloxías


  • O vindeiro 7 de xaneiro, a Sede da Asociación Sociocultural ASCM, acollerá o inicio dun novo curso de informática e novas tecnoloxías.



Cartaz obradoiro Novas Tecnoloxías ASCM.

A Asociación Sociocultural ASCM, grazas á financiación da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Benestar, e a Unión Europea, mediante o FSE, porá en marcha este proxecto, que ten por obxecto o fomento da autonomía dixital das persoas con discapacidade ao mercado laboral. A partir do 7 de xaneiro, a entidade, dentro da súa vocación de promoción da inclusión social, comezará a impartir o obradoiro de Informática e Novas Tecnoloxías: “Conéctate ASCM”, que persigue mellorar competencias fundamentais como son o manexo básico de equipos informáticos (paquete Office, etc) así coma o coñecemento de trámites, apps, etc. que poidan ser de utilidade para as persoas participantes.

ASCM leva anos apostando pola plena inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, a través da súa área de Emprego e Formación. Neste caso, o equipo docente procurará, con este obradoiro, revertir a fenda dixital existente dentro do colectivo; estando este centrado nun aspecto de vital importancia dentro da sociedade actual como son as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), xa que constitúen un enorme activo como ferramienta e motor de busca de emprego.



Traballando na liña estratéxica de ser referentes como axente innovador e de cambio, a entidade, porá en marcha unha orientación dinámica, centrada nas aspiracións, fortalezas e novos retos dixitais das participantes. En caso de interese en participar e coa finalidade de ampliar a información relativa ao proxecto, pode contactar coa entidade mediante o teléfono 981 35 14 30 ou contactando a través do mail: ascm.ferrol@ascmferrol.com.


Repercusión en medios:

  • Diario de Ferrol, 2019-12-16 "La Asociación ASCM inica 2020 con un taller de nuevas tecnologías".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog