lunes, 4 de noviembre de 2019

Un total de 7 candidaturas optarán ao galardón "Carro de Prata" organizado pola ASCM


  • A ASCM fará entrega do galardón nunha Gala pública, que terá lugar o 23 de novembro na Sede de Afundación (Ferrol,) e que contará coas actuacións de Irene Caruncho e BÖJ, entre outras sorpresas.



Un total de 7 candidatos optarán ao galardón bienal “Carro de Prata”, convocado pola Asociación Sociocultural ASCM. Este recoñecemento ten por obxecto por en valor o labor que entidades e persoas físicas realizan en favor do colectivo de persoas con discapacidade. O pasado venres pechaba o prazo de recepción de candidaturas. Finalmente, serán 7 aspirantes ao premio, pertencentes a diversas áreas: Luis Calvo, da Asociación Cultural Conxeito; Suso Basterrechea, polo seu labor municipal nas áreas de Deporte e Cultura; a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), polo labor realizado a prol do colectivo; o taxista fenés, Luis López, pola visibilización e normalización do transporte adaptado; Diego Fernández, de Parapetelandia, polo fomento da práctica do deporte inclusivo; a Dirección Xeral de Tráfico, polo labor de prevención e concienciación en materia de accesibilidade universal e Beatríz García, a título póstumo, polo seu labor desenvolvido no CAMF.


 O xurado estará constituído polos xornalistas Isidoro Valerio, Pedro Sanz, Alfonso López e Natalia Anguita; as concelleiras da área de Benestar, Eva Martínez (Ferrol) e Catalina García (Narón); Fernando López Díaz, como representante do CAMF; Javier Nieto Pol, como representante do CPAP Bergondo (entidade galardoada na edición anterior) e representantes da Asociación Sociocultural ASCM. As votacións terán lugar o vindeiro 14 de novembro na Sede da ASCM en Ferrol. 


A entrega do galardón terá lugar nunha Gala que se celebrará o 23 de novembro, a partir das 18.00 h, na Sede Afundación (Ferrol). A entrada é de carácter gratuíto. Precísase confirmación de asistencia no mail comunicacionascm@gmail.com (antes do 15 de novembro). A celebración estará chea de sorpresas e emoción e contará coas actuacións de Irene Caruncho, Boj, o Coro Peque Solidarium do Concello de Narón e a escola de danza Comp.Arte de Santa Cecilia, entre outras.

Repercusión en medios:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog