miércoles, 6 de noviembre de 2019

Máis Galicia visitou as instalacións da ASCM para achegarse ás necesidades do colectivo


  • A candidata de Máis Galicia pola provincia de A Coruña, Carolina Bescansa, visitou a Sede da Asociación Sociocultural ASCM, en Ferrol.
Paula Gárate e Carolina Bescansa atendendo aos medios. Vía: Máis País.

A Asociación Sociocultural ASCM recibiu, onte, a visita da candidata ao Congreso dos Deputados de Máis Galicia pola Provincia de A Coruña, Carolina Bescansa. Os membros da agrupación Máis Galicia quixeron escoitar, de primeira man, as necesidades e a visión que teñen da realidade as persoas con diversidade funcional.


Desde a ASCM valoramos a reunión como moi positiva pola capacidade de escoita da agrupación que cedeu a palabra e os tempos de exposición aos representantes do colectivo de persoas con discapacidade. Carolina Bescansa, que atendeu ao término aos medios de comunicación, subliñou o traballo que realizamos desde a entidade: "como exemplo de anos de loita e de traballo". Máis Galicia tomou nota das reivindicacións que se fixeron desde a entidade e que abarcaron moi diversas áreas: inclusión, deporte adaptado, cultura, accesibilidade, etc.


A ASCM remarca a súa dispoñibilidade e pluralidade para trasladar aos representantes públicos a realidade das persoas con diversidade funcional para acadar un impulso real en materia de accesibilidade universal e mellorando a situación de todas e todos.


Repercusión en medios de comunicación:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog