viernes, 22 de noviembre de 2019

Afundación abrirá portas ás 17.30 h. para a Gala "Carro de Prata" que celebra mañá a ASCM


  • ASCM comezará a acomodar ás persoas asistentes ao evento, a partires das 17.30 h.


A ASCM celebra mañá a Gala Solidaria "Carro de Prata" para facer entrega do su galardón bienal que recoñece o labor de entidades e persoas físicas a prol dos dereitos das persoas con discapacidade. Asimesmo, ASCM entregará a Francisco Javier Rodríguez del Río o distintivo coma Voluntario do Ano 2019. A celebración estará chea de sorpresas e emoción e contará coas actuacións de Irene Caruncho, Boj, o Coro Peque Solidarium do Concello de Narón e a escola de danza Comp.Arte de Santa Cecilia, entre outras.


Un total de 7 candidatos optarán ao galardón bienal “Carro de Prata”, convocado pola Asociación Sociocultural ASCM. Este recoñecemento ten por obxecto por en valor o labor que entidades e persoas físicas realizan en favor do colectivo de persoas con discapacidade. O pasado venres pechaba o prazo de recepción de candidaturas. Finalmente, serán 7 aspirantes ao premio, pertencentes a diversas áreas: Luis Calvo, da Asociación Cultural Conxeito; Suso Basterrechea, polo seu labor municipal nas áreas de Deporte e Cultura; a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), polo labor realizado a prol do colectivo; o taxista fenés, Luis López, pola visibilización e normalización do transporte adaptado; Diego Fernández, de Parapetelandia, polo fomento da práctica do deporte inclusivo; a Dirección Xeral de Tráfico, polo labor de prevención e concienciación en materia de accesibilidade universal e Beatríz García, a título póstumo, polo seu labor desenvolvido no CAMF.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog