Buscar este blog

miércoles, 9 de octubre de 2019

O alumnado do CIFP Rodolfo Ucha comprobou a accesibilidade do Barrio de Caranza




  • A ASCM sensibilizou  aos estudantes da importancia da accesibilidade universal a través da iniciativa “Xente!! Senta e Sente”.



     Cartaz da actividade co CIFP Rodolfo Ucha.

A ASCM achegou, esta mañá, a necesidade dunha sociedade accesible ao alumnado do Centro de Formación Profesional Integrado, Rodolfo Ucha Piñeiro, coa súa iniciativa “Xente!! Senta e Sente”. Os estudantes de primeiro curso de TAFAD, experimentaron, en primeira persoa, o que supón desprazarse en cadeira de rodas polas  inmediacións do centro académico.


                  Fotografía da iniciativa celebrada no Rodolfo Ucha.

Desde a Asociación Sociocultural ASCM consíderase fundamental abogar por este tipo de sinerxias que favorezan a concienciación e sensibilización da cidadanía no seu conxunto. Dentro deste marco de actuación, o colectivo estudantil é fundamental polo futuro papel que desenvolverán na construción e planteamento dunha sociedade máis accesible, desde unha óptica transversal. A iniciativa foi acollida con entusiasmo e interese polas persoas participantes e a valoración foi positiva para ambas entidades.  Os estudantes realizaron un percorrido polas instalacións do centro con dinámicas habituais: acudir ao mostradodor de conserxería, pedir na cafetería, tirar un papel ao lixo, facer emprego dos aseos, etc; testando, así, as barreiras arquitectónicas que pasan desapercibidas por tod@s. Ademais, a equipa de voluntariado inclusivo da ASCM achegou aos asistentes á xornada as diferentes tipoloxías de cadeira existente, manexo básico e mantemento das mesmas, etc.

Alumnos do CIFP Rodolfo Ucha no mostrador da cafetería.



Esta actividade forma parte do roteiro que a ASCM realiza polos centros académicos da comarca. O vindeiro día 17 de outubro, estudantes de Deseño Industrial, achegaránse á Sede da ASCM para coñecer a realidade das cadeiras de rodas: tipoloxías existentes, mantemento básico, manexo. Todas aquelas institucións e colectivos interesados en achegar a iniciativa “Xente!!, Senta e Sente” ao seu ámbito de actuación, poden poñerse en contacto coa entidade a través do teléfono 981 25 14 30 ou do comunicacionascm@gmail.com.


Repercusión en medios:


  • Diario de Ferrol, 2019-10-10 "Alumnos del CIFP Rodolfo Ucha analizarán la accesibilidad del Barrio de Caranza".



No hay comentarios:

Publicar un comentario