martes, 22 de octubre de 2019

A ASCM reivindicou a necesidade do empoderamento da Muller con Dispacidade no IES Saturnino Montojo


  • A equipa de Voluntariado Xuvenil da ASCM, impartiu, hoxe, unha charla de concienciación no IES Saturnino Montojo.
Cartaz oficial da charla da ASCM no IES Montojo.

A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do marco do programa de Voluntariado Xuvenil financiado pola Xunta de Galicia, impartiu hoxe unha charla no IES Saturnino Montojo, a preto de 60 alumnas e alumnos de 4º ESO. O obxectivo da iniciativa foi o de visibilizar a dobre discriminación á que debe facer fronte a muller con discapacidade na sociedade actual. A charla foi impartida por voluntarias e voluntarios da entidade.

    Imaxe da charla desta mañá. Foto: Rebeca Ogando,


Desde ASCM consideran fundamentais este tipo de sinerxias con centros educativos coa fin de fomentar valores como a inclusión e a cooperación. A iniciativa de "Muller na Sociedade. Violencia de Xénero e Discapacidade" procura a defensa da necesidade de empoderamento da muller con discapacidade. A intención das voluntarias xuvenís da ASCM é o de procurar a sensibilización da mocidade galega, dende unha óptica proactiva e reivindicativa; desbotando a posibilidade de fomentar o conformismo das mulleres con discapacidade e o rol que veñen a desenvolver.


Imaxe da charla da ASCM. Foto: Rebeca Ogando.

Ademais, as voluntarias xuvenís, están levando a cabo un proxecto web coa actualización do noso blog de Área Muller ; incorporando recursos, guías e manuais de Muller e Discapacidade, seguindo o marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero e posicionando o sitio web como punto de referencia para as mulleres do colectivo. O seu labor pode consultarse tamén no instagram Muller en Positivo.

Repercusión en medios:





  • Diario de Ferrol, 25-10-2019 "Charla sobre Muller e Discapacidade no IES Saturnino Montojo"



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog