Buscar este blog

lunes, 28 de octubre de 2019

A ASCM recibiu ao alumnado da UDC que colaborará coa entidade, dentro do programa APS


  • Os alumnos da UDC coñeceron,  esta mañá, ás usuarias e usuarios da ASCM, dentro do marco do convenio de Aprendizaxe e Servizo.
                                   Foto: Imaxe relacionada coa informática.

A ASCM e a UDC veñen de asinar un convenio de colaboración, dentro da modalidade de Aprendizaxe e Servizo, que permite fomentar sinerxias e colaboracións entre ambos organismos. Dentro do marco de dito programa, o alumnado do Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos impartirá un obradoiro de informática básica, entre as usuarias e usuarios da ASCM.

Alumnos da UDC coñecendo aos usuarios da ASCM.


Hoxo tivo lugar a primeira toma de contacto entre os usuarios da asociación e os alumnos, que asumirán o rol de docentes durante un día.  Esta iniciativa permite fomentar as actividades de carácter interxeneracional e adquirir aos estudantes competencias transversais, fundamentais para o seu futuro profesional. Ademais, o eido da informática é un dos máis demandados, entre o colectivo, pola fenda dixital existente e as posibilidades que ofrecen as ferramentas web no desenvolvemento da vida diaria: cita online no médico, banca electrónica, redes sociais, etc.

Explicación do programa APS, por parte dos alumnos da UDC.


A xornada serviu para sentar as bases do obradoiro de informática básica,  previsto para o mes de decembro. Permitiu a usuarios e estudantes coñecerse, plantear dúbidas, suxerencias a tratar no aula, etc. A celebración deste encontro coincidiu, asimesmo, coa celebración do Samaín, por parte da ASCM, coa proxección de cortos audiovisuais relacionados coa temática do terror.  O tradicional slogan de "Truco ou trato?", pode servir para resumir á perfección un evento no que, entre cabazas e meigas, a ASCM e a UDC ratifican a utilidade do "trato" e compromiso de colaboración asinado o pasado mes de xullo.

Repercusión en medios:







No hay comentarios:

Publicar un comentario