lunes, 7 de octubre de 2019

A ASCM promove, entre os alumnos da EUDI, unha xornada "sobre rodas"



  • A ASCM concienciará aos futuros deseñadores industrais da necesidade de pensar en chave de accesibilidade universal.

 
Cartaz oficial da iniciativa Xente!! Senta e Sente na EUDI.


A ASCM achegará, o mércores, a necesidade dunha sociedade accesible ao alumnado da Escola de Deseño Industrial do Campus de Ferrol, coa súa iniciativa “Xente!! Senta e Sente”. A partir das 16.00 h., os futuros diseñadores industrias, experimentarán en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas polas instalacións do campus.

A ASCM e a UDC teñen asinado un convenio de colaboración có obxectivo de trasladar ao alumnado as distintas capacidades existentes na nosa sociedade. Tras unha primeira toma de contacto, o pasado setembro, na que a entidade achegou ás aulas o seus principais obxectivos; o mércores comezarán as actividades conxuntas, entre ambos organismos, coa proposta orixinal da ASCM, “Xente!! Senta e Sente”.


Desde a Asociación Sociocultural ASCM consíderase fundamental abogar por este tipo de sinerxias que favorezan a concienciación e sensibilización da cidadanía no seu conxunto. Dentro deste marco de actuación, o colectivo estudantil é prioritario e, especialmente, a área de deseño industrial polo futuro papel que desenvolverán na construción e planteamento dunha sociedade máis accesible.


A ASCM tamén achegará a realidade das persoas con dispacidade e as barreiras arquitectónicas que deben salvar no seu día a día ás alumnas e alumnos do Instituto Rodolfo Ucha Piñeiro, do barrio de caranza, o vindeiro xoves, a partir das 10. 30 h. Todas aquelas institucións e colectivos interesados en achegar a iniciativa “Xente!!, Senta e Sente” ao seu ámbito de actuación, poden poñerse en contacto coa entidade a través do teléfono 981 25 14 30 ou do comunicacionascm@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog