jueves, 12 de septiembre de 2019

A xornada de benvida da UDC, ao estudantado, marcha "sobre rodas" grazas á colaboración da ASCM



  • A Asociación Sociocultural ASCM participou, esta mañá, no Campus de Ferrol da Xornada de Benvida organizada pola UDC ao alumnado.

                            Equipo de voluntariado da ASCM no campus.
A Vicerreitora, Araceli Torres, no "Senta e Sente"







A equipa de voluntariado inclusivo da Asociación Sociocultural ASCM cheou, esta mañá o Campus Universitario de Esteiro, de cadeiras de rodas para sensibilizar e concienciar aos futuros profesionais da necesidade de pensar na accesibilidade universal, nos diferentes eidos da vida. Esta iniciativa forma parte do proxecto, da entidade, "Xente!! Senta e Sente", que recuperan para conmemorar a Semana da Mobilidade Europea que se celebra entre o 16 e 20 de setembro.






Voluntario probando a cadeira de rodas durante a Xornada.

Durante toda a mañá, alumnas e alumnos da UDC, experimentaron en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas polo campus. A propia Vicerreitora do Campus Ferrol Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, participou desta iniciativa. 


É esta a primeira das actividades previstas para conmemorar a Semana da Mobilidade Europea. Durante estes días, a entidade, colaborará con diferentes concellos da comarca para visibilizar a necesidade de crear espazos urbanos accesibles para todas e todos.

Repercusión en medios:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog