viernes, 26 de julio de 2019

A ASCM rende homenaxe aos maiores de Galicia no Día Mundial dos Avós


  • A Asociación Sociocultural ASCM celebra o Día Mundial dos Avós lembrando o seu proxecto Cenx100.
    Cartel conmemorativo Día dos Avós.



A Asociación Sociocultural ASCM conmemora o Día Mundial dos Avós, salientando o proxecto Cenx100, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Cenx100 foi unha iniciativa promovida pola ASCM e ilustrada polo artista Manuel Patinha, na que se homenaxea a máis dun centear de centenarios e centenarias da nosa Comunidade Autónoma.


Cenx100 tomou forma nun libro na que se recollen as vivencias destes maiores e que foi presentado de forma oficial nas principais cidades de Galicia. Na actualidade, a ASCM, segue a traballar no área de maiores con novas iniciativas e proxectos; impulsando a inclusión dos nosos maiores na sociedade cun fomento de actividades que fomenten o envellecemento activo da poboación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog